martes, 18 de noviembre de 2008

Presentación do noso club de lectura



Calamus é unha palabra de orixe latina que significa "cana; cana para escribir". Aínda que ten tamén outras acepcións estas son as máis axeitadas para o noso club de lectura.


O curso pasado, o club de lectura Cálamo orientouse á Literatura contemporánea e ó alumnado de 2º de Bacharelato. Durante o presente curso Calamus irá dirixido ós alumnos/as de 3º de ESO e seleccionará unha serie de obras da Literatura xuvenil.


Anunciaremos no noso blog as datas das reunións dos membros do club, faremos una selección previa das obras que imos ler ( ofertaremos tres e, tendo en conta as vosas preferencias, elixirase unha delas que será comentada posteriormente nas reunións). Antes da cada encontro, aparecerá información sobre a obra (argumento, temas...) para que teñades máis datos e poidades comentar todo aquelo que vos resulte interesante. Os vosos comentarios van ser fundamentais para a elección dos libros de lectura.

No hay comentarios: